Coñecer a zona
Pola súa situación permite realizar múltiples excursións a pé polas cercanías (á aldea, a praia, ó Monte Faro, ...), ou desprazamentos en coche para visitar os fermosos pobos e praias da Mariña Lucense.(Viveiro, Estaca de Bares, Vicedo, Xove, Cervo, Burela, Foz, Ribadeo).


QUE VER EN VIVEIRO.-

· Restos da muralla medieval e as súas portas das que quedan a da Calle do Muro, Parta da Vila, Porta do Valado e a Porta de Carlos V.

· A Igrexa de San Pedro, do século X, románica, é a máis antiga que se conserva na bisbarra, que foi declarada Monumento Hostórico - Artístico Nacional.

· A igrexa de Santa María do Campo, que é a máis pura e completa de todas as igrexa urbanas de Galiza, de estilo románico e que se data na segunda metade do século XII.

· O Castelo da Ponte ou Porta de Carlos V, do século XIV, que daba acceso á cidade dende a parte do mar. Foi declara Monumento Histórico Nacional en 1942.

· A igrexa de Santiago-Conventual de San Francisco, de estilo oxival con elementos góticos e románicos do século XIII, tamén declarada Conxunto Histórico Nacional

· O Mosteiro das Concepcionista, que se construíu no século XVII, de estilo renacentista.

· No exterior da muralla está a Gruta de Lourdes, que é unha réplica da de Francia construida en 1925.

· A Porta do Valado e a Calexa das Monxas, do século XIII, é outra das portas de entrada á cidade pola antiga calzada romana.

· A Porta da Vila ou do Cristo do Amparo, do século XI tamén e outra das entradas principais á cidade.

· A capela de Ecce-Homo ou da Misericordia do século XVII e de estilo renacentista.

· Outros monumentos son a Praza Maior, coa estatua de Nicomedes Pastor Díaz, A Casa Consistorial, O mosteiro de Valdeflores do século XIV


RUTAS EN COCHE POLOS ARREDORES.-

  • Rutas da Insua.
  • Ruta do Pozo da Ferida.
  • Ruta do Souto da Retorta
  • Mirador Monte San Roque
  • Mirador Monte Castelo


Coñece-la zona
Web desenrrolada e aloxada por www.galiciadigital.com