O Hotel Alameda
Hotel de praia finalizado en xuño de 2005, situado na praia de Area (a 4.5kms de distancia da vila de Viveiro) con limpas augas e distinguida coa bandeira azul durante anos. Dispón de seis amplas habitacións con baño completo, calefacción central e conexión a internet (unha adaptada para minusválidos e poderánse poñer camas supletorias en algunhas das habitacións). Todas elas teñen espléndidas vistas á praia, (dúas delas con terraza propia ).Hai a disposición dos nosos clientes cuna, secador de pelo e prancha de roupa baixo petición.

A partir de xaneiro de 2006 ofrecémoslles tamén a posibilidade de aloxarse no noso apartamento con capacidade para seis personas ubicado na planta inferior dol hotel. Os seus 160 m2 están distribuidos en:

  • Unha moderna e ampla cociña equipada con vitrocerámica, forno, forno microondas, nevera-conxelador, batidora, menaxe completo.
  • Sala de estar con tv de 100 canles e comedor con vistas á praia de Area.
  • Baño completo no corredor.
  • Duas habitacións de matrimonio con baño completo no interior e tv de 14" unha habitación con dúas camas.
  • Proporciónase roupa de cama e baño.


Outros servicios dos que dispón son:
Terraza exterior, para toma-lo sol, e con servicio de cafetería, podendo disfrutar da tranquilidade do entorno rural ó lado do mar
Recepción
Cafetería, na primeira planta, na que se sirven
os almorzos elaborados con productos caseiro
Playa de Area
 
 
 
   
 



O Hotel
Web creada e aloxada por www.galiciadigital.com